Alén filmes nace como un pequeno proxecto coa ilusión e motivación de converterse nun referente e modelo para o sector audiovisual en Galicia.

Produtora fundada no ano 2003 por Diego Méndez e Micaela Sinde, con sede en Vigo e especializada en ofrecer un servizo de figuración completo e profesional, tanto en películas e series, como en programas de televisión ou spots publicitarios.

Para iso contamos cun equipo con gran experiencia e dedicación e unha extensa base de datos fruto de 18 anos de traxectoria

Especializados no eido da figuración, actualmente somos a principal produtora da figuración dentro do audiovisual galego, eido no que estamos especializados.

Realizamos tamén produción propia de proxectos audiovisuais, documentais, programas de televisión, curtametraxes ou spots.